Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 3.357 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 3.357 casos activos por coronavirus

0

Un total de 5.816 pacientes xa están curados

Santiago de Compostela, 1 de mayo de 2020.- A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.357, deles 800 son da área da Coruña, 238 da de Lugo, 673 da de Ourense, 208 da de Pontevedra, 791 da área de Vigo, 489 da de Santiago, e 158 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 45 permanecen en UCI, 278 están en unidades de hospitalización e 3.034 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 5.816 persoas curadas, rexistrándose 555 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 98.830A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente. 

120

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre