Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 259 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 259 casos activos por coronavirus

0

Un total de 10.898 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 259, deles 25 son da área da Coruña, 196 da de Lugo, 2 da de Ourense, 4 da de Pontevedra, 16 da área de Vigo, 14 da de Santiago, e 2 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 7 están en unidades de hospitalización e 251 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.898 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 210.649.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre