Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 2.819 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 2.819 casos activos por coronavirus

0

Un total de 6.561 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.819, deles 669 son da área da Coruña, 179 da de Lugo, 541 da de Ourense, 155 da de Pontevedra, 696 da área de Vigo, 451 da de Santiago, e 128 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 37 permanecen en UCI, 226 están en unidades de hospitalización e 2.556 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.561 persoas curadas, rexistrándose 573 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 106.081.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre