Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 2.808 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 2.808 casos activos por coronavirus

0

Un total de 6.802 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.808, deles 658 son da área da Coruña, 166 da de Lugo, 462 da de Ourense, 160 da de Pontevedra, 781 da área de Vigo, 455 da de Santiago, e 126 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 30 permanecen en UCI, 206 están en unidades de hospitalización e 2.572 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.802 persoas curadas, rexistrándose 582 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 107.957.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.    

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre