Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 2.758 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 2.758 casos activos por coronavirus

0

Un total de 7.225 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.758, deles 650 son da área da Coruña, 166 da de Lugo, 426 da de Ourense, 147 da de Pontevedra, 754 da área de Vigo, 500 da de Santiago, e 115 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 24 permanecen en UCI, 183 están en unidades de hospitalización e 2.551 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.225 persoas curadas, rexistrándose 591 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 113.167.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre