Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 2.747 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 2.747 casos activos por coronavirus

0

Un total de 6.959 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.747, deles 643 son da área da Coruña, 170 da de Lugo, 450 da de Ourense, 151 da de Pontevedra, 761 da área de Vigo, 448 da de Santiago, e 124 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 28 permanecen en UCI, 205 están en unidades de hospitalización e 2.514 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.959 persoas curadas, rexistrándose 586 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 109.896.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente. 

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre