Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 2.727 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 2.727 casos activos por coronavirus

0

Un total de 7.138 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.727, deles 655 son da área da Coruña, 167 da de Lugo, 432 da de Ourense, 142 da de Pontevedra, 743 da área de Vigo, 470 da de Santiago, e 118 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 26 permanecen en UCI, 196 están en unidades de hospitalización e 2.505 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.138 persoas curadas, rexistrándose 588 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 111.600.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre