Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 2.580 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 2.580 casos activos por coronavirus

0

Un total de 12.019 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.580 deles 1.240 son da área da Coruña, 352 da de Lugo, 224 da de Ourense, 147 da de Pontevedra, 170 da área de Vigo, 329 da de Santiago, e 118 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 73 en unidades de hospitalización e 2.494 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.019 persoas curadas, rexistrándose 633 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 308.162.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre