Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 2.148 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 2.148 casos activos por coronavirus

0

Un total de 11.815 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.148, deles 1.167 son da área da Coruña, 278 da de Lugo, 195 da de Ourense, 96 da de Pontevedra, 143 da área de Vigo, 172 da de Santiago, e 97 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 8 están en UCI, 63 en unidades de hospitalización e 2.077 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.815 persoas curadas, rexistrándose 631 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a dúas mulleres de 91 e 89 anos, e un home de 92, todos da área sanitaria da Coruña, e con patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 299.022.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre