Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 180 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 180 casos activos por coronavirus

0

Un total de 11.197 pacientes xa están curados

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2020.- A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 180, deles 43 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 4 da de Ourense, 11 da de Pontevedra, 31 da área de Vigo, 11 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 10 están en unidades de hospitalización e 170 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.197 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre