Un total de 66.188 pacientes xa están curados
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2021.- A Dirección Xeral de Saúde Pública da ConsellerÃa de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.992, deles 5.057 son da área da Coruña, 1.666 da de Lugo, 2.691 da de Ourense, 1.650 da de Pontevedra, 3.460 da área de Vigo, 2.924 da de Santiago, e 1.544 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 150 están en UCI, 916 en unidades de hospitalización e 17.926 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 66.188 persoas curadas, rexistrándose 1.608 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.321.879.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.