Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 1282 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 1282 casos activos por coronavirus

0

Un total de 11.587 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.282, deles 778 son da área da Coruña, 110 da de Lugo, 94 da de Ourense, 60 da de Pontevedra, 134 da área de Vigo, 55 da de Santiago, e 51 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 3 permanecen en UCI, 48 en unidades de hospitalización e 1.231 no domicilio, Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.587 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos. A última persoa falecida foi unha muller de 86 anos que estaba ingresada no CHUAC e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 280.185.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre