Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 1158 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 1158 casos activos por coronavirus

0

Un total de 11.559 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.158, deles 700 son da área da Coruña, 104 da de Lugo, 78 da de Ourense, 59 da de Pontevedra, 129 da área de Vigo, 46 da de Santiago, e 42 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 44 en unidades de hospitalización e 1.114 no domicilio, na actualidade non hai ningún paciente en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.559 persoas curadas, rexistrándose 623 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 277.462.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre