Un total de 11.527 pacientes xa están curados
A Dirección Xeral de Saúde Pública da ConsellerÃa de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.053, deles 618 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 73 da de Ourense, 52 da de Pontevedra, 134 da área de Vigo, 42 da de Santiago, e 35 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 42 en unidades de hospitalización e 1.011 no domicilio, na actualidade non hai ningún paciente en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.527 persoas curadas, rexistrándose 623 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 274.812.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.