Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 10.196 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 10.196 casos activos por coronavirus

0

Un total de 29.376 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.196 deles 1.831 son da área da Coruña, 1.109 da de Lugo, 1.131 da de Ourense, 1.194 da de Pontevedra, 2.475 da área de Vigo, 1.338 da de Santiago, e 1.118 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 85 están en UCI, 508 en unidades de hospitalización e 9.603 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 29.376 persoas curadas, rexistrándose 969 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 730.777.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre