Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 1.505 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 1.505 casos activos por coronavirus

0

Un total de 11.625 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.505, deles 921 son da área da Coruña, 113 da de Lugo, 131 da de Ourense, 75 da de Pontevedra, 139 da área de Vigo, 67 da de Santiago, e 59 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 6 permanecen en UCI, 55 en unidades de hospitalización e 1.444 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.625 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 283.781.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre