Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 1.400 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 1.400 casos activos por coronavirus

0

Un total de 11.608 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.400, deles 851 son da área da Coruña, 110 da de Lugo, 114 da de Ourense, 70 da de Pontevedra, 139 da área de Vigo, 63 da de Santiago, e 53 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI, 57 en unidades de hospitalización e 1.338 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.608 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 282.103.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre