Inicio Galicia Galicia rexistra no 2019 os mellores datos turísticos da súa historia con...

Galicia rexistra no 2019 os mellores datos turísticos da súa historia con case 11 millóns de pernoitas e preto de 5,1 millóns de turistas

0

Feijóo subliña que ademais é a Comunidade onde máis medrou o turismo no ano 2019, un 6%

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, adiantou hoxe, na rolda de prensa do Consello, os datos turísticos rexistrados na nosa Comunidade o pasado ano. Son os mellores da nosa historia, dixo, con “récord de pernoitas”, preto de 11 millóns e case 5,1 millóns de turistas.

Galicia é tamén a Comunidade onde máis medrou o turismo en 2019. En concreto, un 6%, moi por riba do 1% de crecemento estatal. Ao fío disto, Feijóo subliñou que estes datos acreditan que Galicia é cada vez máis competitiva grazas á aposta decidida pola calidade e a estreita colaboración establecida co sector.

Por último, o presidente da Xunta remarcou o obxectivo de chegar cos mellores datos e a mellor imaxe posible de Galicia ao Xacobeo 2021, coa confianza de que será o mellor Xacobeo da nosa historia na mellor Galicia da nosa historia.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre