Inicio Galicia Galicia resiste a crise xerada pola covid-19 coa creación de emprego por...

Galicia resiste a crise xerada pola covid-19 coa creación de emprego por cuarto mes consecutivo

0

A Comunidade suma en agosto 7126 cotizantes máis –son 230 novas afiliacións ao día–, ata acadar 1.012.794 afiliados á Seguridade Social

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou esta mañá a evolución do paro rexistrado no mes de agosto –que sobe lixeiramente como ocorre coa media estatal–, así como os datos de afiliacións á Seguridade Social que volven medrar por cuarto mes consecutivo (entre maio e agosto) e permiten recuperar o emprego perdido nos meses de marzo e abril.

Así, se temos en conta as afiliacións medias, Galicia suma en agosto 7126 cotizantes máis (+0,71%) ata chegar a 1.012.794 afiliados, o que se traduce en 230 afiliacións ao día. A Comunidade sitúase, deste xeito, como a segunda na que máis medran as afiliacións en termos absolutos. Trátase do cuarto mes consecutivo no que a Comunidade logra crear emprego, o que lle permite recuperar a totalidade do emprego perdido durante os meses de marzo e abril (+101,17%). Se a comparativa se realiza coas afiliacións do último día de mes, esta recuperación sitúase no 82,83% fronte ao 22,08% estatal, o que amosa a capacidade de reacción da nosa Comunidade.

Por outra parte, en Galicia aumenta o desemprego en agosto nun 0,94% con respecto ao mes de xullo, o que supón 1.640 persoas máis no paro, na liña da media estatal, onde o desemprego se incrementa nun 0,79%. Aínda así Galicia logra reducir as cifras do paro na construción (-1%) e a agricultura e a pesca (-0,07%).

No tocante á evolución anual, Toca indicou que Galicia encadeaba seis anos consecutivos de baixadas interanuais nun mes de agosto, que se ven interrompidos polos efectos da covid-19. Así, Galicia suma 23.131 persoas máis desempregadas (un 15,04% máis que hai un ano), 7 de cada 10 do sector servizos, onde se concentran 16.375 desempregados. Aínda así, nun contexto no que o paro internanual aumenta en todas as comunidades autónomas, Galicia é a terceira en termos relativos na que menos sobe, nove puntos por debaixo da media estatal, que se sitúa nun 24,04%.

Aposta polo diálogo socialToca lembrou que unha das prioridades da Xunta é impulsar a reconstrución económica e que, para logralo, é fundamental apoiar a creación de emprego de calidade. Neste sentido, destacou a importancia do diálogo social como ferramenta para trazar os obxectivos e deseñar as medidas que permitan superar a crise provocada pola covid-19.

Así, referiuse ás accións postas en marcha froito do diálogo social, como facilitar aos afectados por Erte o cobro do anticipo da súa nómina, activar as axudas para completar as prestacións de menor contía dos traballadores afectados por Ertes e para as persoas a partir de 55 anos que perderon o seu emprego, a posta en marcha dun novo programa de formación dixital para parados de máis de 45 anos ou un paquete de medidas extraordinarias de conciliación para as familias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre