Inicio Galicia Galicia reforza desde hoxe a súa promoción como destino en Italia participando...

Galicia reforza desde hoxe a súa promoción como destino en Italia participando na feira profesional TTG Incontri

0

A Consellería de Cultura e Turismo ten un espazo no expositor que representa a España neste encontro deseñado para empresas e profesionais do sector


Galicia reforza desde hoxe e ata o vindeiro venres a súa presenza no mercado turístico italiano coa súa participación na feira profesional TTG Incontri na que están a participar empresas e profesionais do sector.

A Consellería de Cultura e Turismo participa no expositor que representa a España cuxa coordinación corre nesta ocasión a cargo da organización da feira, Italian Exhibicion Group. Durante estes días Galicia presentará desde ese espazo gran parte dos recursos e produtos galegos a operadores turísticos e empresas de servizos de Italia e outros países participantes.

O Camiño de Santiago e o Xacobeo 2021 teñen un gran peso na organización, tendo en conta que Italia é, despois de España, o primeiro país do que proceden máis peregrinos segundo os datos da Oficina do Peregrino.

A feira TTG Incontri celébrase este ano a súa 56ª edición na localidade de Rímini e trátase dun encontro en formato B2B, no que só participan empresas e profesionais. Na feira tamén están presentes membros do sector turístico galego por medio dunha misión comercial organizada pola Cámara de Comercio de Santiago en colaboración co Clúster Turismo de Galicia.

A presenza de Galicia en Italia enmárcase no traballo levado a cabo neste país que se reforzará coas accións programadas a iniciativa da Xunta de Galicia para que a Oficina da Consellería de Turismo de España en Roma acolla diferentes accións de promoción do Camiño de Santiago e do Xacobeo 2021.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre