Inicio Galicia Galicia reforza as restricións nos 60 concellos con maior incidencia epidemiolóxica con...

Galicia reforza as restricións nos 60 concellos con maior incidencia epidemiolóxica con novas medidas que entrarán en vigor ás 15,00 horas do vindeiro venres

0
image_gallery.jpg

Feijóo avanza que en todas estas zonas estarán permitidos o 100% dos movementos para ir a traballar, á escola, a atender coidados necesarios de menores e maiores, e todos os movementos sanitarios


O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comunicou hoxe as medidas acordadas tras a reunión do comité clínico, entre as que avanzou o reforzo das restricións nos 60 concellos con maior incidencia epidemiolóxica con novas medidas que entreterán en vigor ás 15,00 horas do vindeiro venres.

Baixo a previsión de que as novas limitacións, que afectarán aproximadamente ao 60% da poboación, estean vixente un mes, “sempre coa avaliación constante do comité”, Feijóo precisou que estas se poñerán en marcha nas cidades e nos perímetros que as conforman como zonas de influencia, así como en concellos puntuais cunha tendencia á alza significativa na incidencia acumulada e no número de casos nos últimos 7 e 14 días.

Deste xeito, as cidades e zonas que terán maior restricións serán: A Coruña, xunto con Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros; o concello de Lugo en solitario; Santiago con Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra e Vedra; Ferrol, con Ares, Fene, Neda, Narón e Mugardos; Ourense, con Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao e Toén; Pontevedra, con Vilaboa, Ponte Caldelas, Poio, Marín, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e Soutomaior; Vigo con Mos, Nigrán, Gondomar, O Porriño e Redondela.

A maiores, tamén terán as mesmas restricións os concellos con taxa de incidencia acumulada a 14 días superior a 200 casos por 100.000 habitantes, e tendencia ascendente na notificación dos mesmos: Vimianzo, Monforte, Burela, Viveiro, O Carballiño, Verín, Xinzo, Cangas, A Estrada, Lalín, Silleda, Ponteareas, Tui, Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

Así, en todas estas zonas, estarán permitidos o 100% dos movementos para ir a traballar, á escola, a atender coidados necesarios de menores e maiores, e todos os movementos sanitarios. E o comercio funcionará cos mesmos criterios do resto de Galicia.

Así mesmo, pechará a hostalaría, agás o servizo a domicilio e para recollida que si se poderá ofrecer; a práctica deportiva quedará restrinxida a deporte individual; e reducirase o aforo en establecementos culturais, que con esas limitacións poderán seguir funcionando –cines, teatros, auditorios, e outros recintos de público sentado poderán ocupar o 50% de cada sala, cun límite de 30 persoas en interior e 75 en exterior–.

Haberá tamén restricións de mobilidade, é dicir, non se poderá entrar nin saír destas áreas, agás por razóns laborais e actividades esenciais.

Novas medidas para toda GaliciaAdemais das restricións nestas zonas, o presidente da Xunta avanzou a implantación doutras medidas que afectarán a toda Galicia, como son: a limitación das saídas de usuarios fóra das residencias, preservando de momento as visitas dos familiares nas condicións de distanciamento e hixiene establecidas desde hai meses; e o incremento das limitacións de aforo en grandes establecementos comerciais, de xeito que nas zonas comúns só poderá ocuparse un terzo do máximo –nas tendas, continúa o aforo do 50 % como ata agora–.“En toda Galicia, redúcese o aforo no transporte público non escolar: o transporte urbano contará cun máximo do 50% dos asentos; e o transporte interurbano co 50%”, avanzou, subliñando que o transporte escolar queda garantido, toda vez que os asentos están asignados desde o principio de curso.“Estas son as medidas que nos dita o comité clínico e que imos aplicar polo ben común dos galegos”, dixo, incidindo en que o que toca para tentar conter e, se é posible, reverter a evolución da pandemia, é seguir redobrando os coidados, a precaución, a alerta e tamén seguir insistindo nas restricións.“Toca ampliar as limitacións pola nosa saúde e pola saúde dos nosos. Pero tamén toca facelo pola economía, porque canto máis se tarde en actuar, máis difícil e longa será a contención e máis profunda, por tanto, a afectación económica”, abundou.

Sobre este último punto, anunciou que mañá, no Consello da Xunta, o Goberno galego avaliará novas medidas de apoio ao sector da hostalaría e aos seus traballadores, que son “os que máis afectados se ven polas limitacións”.

O presidente do Executivo galego concluíu agradecendo unha vez máis aos galegos a súa responsabilidade, amosada desde o primeiro momento da pandemia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre