Inicio Galicia Galicia recibiu en setembro case o 5% do turismo estranxeiro que chegou...

Galicia recibiu en setembro case o 5% do turismo estranxeiro que chegou a España

0
image_gallery.jpg

A comunidade recibiu o mes pasado 56.000 viaxeiros estranxeiros, cifra que supuxo un descenso aínda que menor que o marcado no conxunto nacional


Galicia recibiu no mes de setembro 56.100 turistas estranxeiros, que representaron un 4,9% do total do turismo procedente doutros países que recibiu o noso país, segundo se recolle no último informe do INE sobre Movementos Turísticos en Fronteira (Frontur). A cifra supón unha contracción de case o 70% na chegada de turistas estranxeiros respecto a setembro de 2019 como consecuencia das limitacións de mobilidade producidas pola pandemia.

Sen embargo, a menor dependencia deste mercado fixo unha vez máis que o comportamento da demanda turística galega volvera ser mellor ca no conxunto de España, onde a caída foi dun 87%, 18 puntos maior que a galega.

Segundo recollen os datos do INE, do total de turistas estranxeiros que recibiu Galicia durante o mes de setembro de 2020, o 91% chegaron por estrada, sendo maioritario os viaxeiros procedentes do noso país veciño, Portugal, que volveu ser o primeiro mercado estranxeiro para Galicia.

Os viaxeiros portugueses supoñen o 42% do total dos turistas estranxeiros, seguidos moi de lonxe por Francia, América (sen EEUU), Alemaña ou Suíza. A maioría dos nosos visitantes viaxaron a Galicia por motivo de lecer ou vacacións e escolleron maioritariamente os hoteis (65%) como tipoloxía favorita de aloxamento.

Acumulado do anoEn termos de volume acumulado, dende o mes de xaneiro de 2020, ata o mes de setembro de 2020, Galicia recibiu 437.300 turistas, unha cifra que supón un descenso do 67,3%. Na media nacional do acumulado a caída volve ser maior, o que supuxo que nestes primeiros nove meses do ano visitaran España 16,8 millóns de turistas estranxeiros cando o ano pasado fixérono 67 millóns, o que supón unha baixada do 75%.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre