Inicio Galicia Galicia recibirá máis de 22 millóns de euros de fondos estatais para...

Galicia recibirá máis de 22 millóns de euros de fondos estatais para loitar contra a pobreza e para axudas a entidades sociais

0

Rey Varela manifestouse “relativamente satisfeito” co reparto de fondos, pero insistiu na necesidade de avanzar nuns criterios de distribución obxectivos, que teñan en conta aspectos como a maior esperanza de vida e a dispersión da poboación


Madrid, 26 de xullo de 2018.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou hoxe en Madrid na reunión extraordinaria do Consello Territorial de Servizos Sociais e Dependencia para o reparto de fondos estatais destinados a programas sociais de protección da familia, de loita contra a pobreza infantil e plan concertado; e para axudas a entidades sociais a través do Imposto da Renda das Persoas Físicas (IRPF). No caso de Galicia a achega estatal ascenderá a un total 22,2 millóns de euros, dous máis que o exercicio pasado.

Despois da xuntanza, Rey Varela manifestouse “relativamente satisfeito” cos resultados da mesma e que o incremento das aportacións do Estado “é un punto positivo”, ao tempo que engadiu que “cómpre seguir traballando para avanzar nuns criterios de distribución que atendan características como a maior esperanza de vida e a dispersión da poboación que teñen comunidades como a nosa e que fan necesaria unha maior aportación por parte do Estado”. A modo de exemplo puxo o Plan Concertado, que permite mellorar os servizos sociais básicos e de proximidade dos concello, ao que Galicia destina 12 millóns de euros dos que soamente 3 son aportados polo Estado. “O esforzo que está facendo Galicia é moi superior ás transferencias económicas que recibe do Estado”, apuntou.

Leer más:  Muere un peregrino en Portomarín (Lugo)

Ademais, o conselleiro insistiu na necesidade de “fixar uns criterios máis homoxéneos e pactados coas Comunidades Autónomas na distribución dos fondos sociais e que se teña en conta non soamente a taxa Arope senón tamén aspectos poboacionais”. Ademais, advertiu do reducido que é o prazo que teñen as comunidades autónomas para a xestión e reparto dos fondos asignados entre as entidades que operan en cada territorio, así como de que este ano non se suplementaron fondos ás comunidades para levar a cabo a xestión destas partidas.

Por último, Rey Varela manifestou que “hai un compromiso de traballar nesta liña de avanzar en criterios obxectivos na distribución do IRPF e de demais fondos sociais, tendo en conta que as comunidades autónomas levamos anos incrementando os presupostos destinados a políticas sociais a pesar das dificultades económicas dos últimos tempos”.  


- Te recomendamos -