Inicio Galicia Galicia, que ten na innovación e na formación os seus sinais de...

Galicia, que ten na innovación e na formación os seus sinais de identidade, cre no compromiso de todos os axentes clave para atraer novos investimentos

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá na Coruña na xornada ‘Retos e perspectivas de investimento en Galicia para o ano 2020’ organizada por BDO

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá na Coruña na xornada de presentación do estudo sobre Retos e perspectivas de investimento en Galicia para o ano 2020, elaborado por BDO, onde subliñou o esforzo de Galicia por facer da innovación e da formación os seus sinais de identidade, un compromiso por parte de todos os axentes que permite que a Comunidade poida atraer novos investimentos.

O conselleiro sinalou que o bo facer de sectores en auxe como a alimentación, as TIC ou a enerxía, unido a industrias referentes como a automoción, o téxtil ou o contract están posibilitando un cambio de interese nos investidores que tamén está motivado pola vocación exportadora e de especialización do tecido empresarial galego.

Conde subliñou que o estudo tamén amosa que aínda hai reticencias por parte dos fondos para achegarse a Galicia e referiuse á necesidade de impulsar o crecemento das empresas mediante iniciativas que permitan apostar por un maior emprendemento e gañar en competitividade e crecemento.

Neste sentido, Galicia conta cun marco normativo que inclúe a Lei de emprendemento ou a Lei de implantación empresarial, así como un Plan de financiamento empresarial.

Así, os interesados en acollerse a este plan contan con varias liñas que teñen aberto o seu prazo de solicitude como é o caso do programa Galicia Exporta, para apoiar a internacionalización das empresas galegas; Maquinaria 4.0 para o desenvolvemento de solucións de interese no proceso industrial; ou para apoiar proxectos empresariais a través de Galicia Inviste. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre