Inicio Galicia Galicia propón un convenio a nivel estatal con correos para que o...

Galicia propón un convenio a nivel estatal con correos para que o comercio de proximidade poida seguir activo a través da venda en liña

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou na Conferencia sectorial de Comercio Interior, na que defendeu a necesidade de combinar as axudas económicas con medidas específicas para o comercio de proximidade


A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe mediante o sistema de videoconferencia na Conferencia sectorial de Comercio Interior, presidida pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e que se centrou na actual situación do sector en relación co coronavirus.

Na reunión, a Xunta propuxo a sinatura dun convenio a nivel estatal con Correos para que estableza condicións especiais ou bonificacións que permitan ao comercio de proximidade que así o desexe seguir activo a través da venda en liña ou telefónica. Neste sentido, Galicia defendeu a necesidade de combinar axudas económicas con medidas específicas como o convenio proposto.

No encontro Galicia tamén apoiou a publicación de protocolos para a seguridade e saúde laboral para venda en liña, venda a domicilio e venda ambulante, a maiores da guía de seguridade para o comercio que vai poñer a disposición do sector o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre