Inicio Galicia Galicia promove o establecemento de novos lazos comerciais das empresas do mar...

Galicia promove o establecemento de novos lazos comerciais das empresas do mar coa súa participación na feira tutto food

0

A Consellería do Mar acode a este evento alimentario cun posto de 180 metros cadrados de superficie que acolle a outras oito entidades coexpositoras


A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, visitou hoxe a feira multisectorial Tutto Food de Milán, na que a Consellería do Mar participa cun posto de 180 metros cadrados de superficie que acolle a oito entidades coexpositoras vencelladas ao complexo mar-industria de Galicia. O obxectivo principal da participación da Xunta neste evento, ao que tamén acoden outras empresas galegas de xeito independente, é difundir a calidade dos produtos pesqueiros galegos e favorecer o establecemento de novos lazos comerciais entre as firmas galegas presentes nesta cita e as procedentes doutros países do mundo.

O encontro de Milán, que se celebra cada dous anos, cumpre neste 2019 a súa sexta edición e contará con actividade desde hoxe ata o próximo venres. No caso da Consellería do Mar, trátase da terceira vez que acompaña ás empresas pesqueiras nesta feira.

As entidades galegas que se promocionan neste encontro baixo o paraugas da Xunta son Pescamar, Congelados Videmar, Servytem Global, Cassua, Friscos, Pereira, Conservas Portomar e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega). A maiores, outras empresas da comunidade participan no evento de xeito independente, con posto propio. De feito, a directora xeral de Pesca fará un percorrido pola feira para visitar tanto as empresas integradas no stand da Xunta como as que asisten pola súa conta.

Tutto Food MilánA feira internacional italiana é de carácter bienal e está considerada o maior evento alimentario e o máis importante de carácter multisectorial de Italia. Nela as empresas manteñen encontros para ampliar o seu mercado, reforzar a acción comercial e axudar a pechar alianzas coas que abrir novas liñas de negocio. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre