Inicio Galicia Galicia promove en Londres o Xacobeo 21 e os seus recursos turísticos...

Galicia promove en Londres o Xacobeo 21 e os seus recursos turísticos na feira World Travel Market

0

Como membro da España Verde, a Comunidade galega tamén protagonizará a Festa de España que se celebrará na embaixada de Londres

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe o expositor no que Galicia participa en Londres esta semana nunha das citas de maior importancia da industria turística a nivel mundial, a World Travel Market, que cumpre a súa 40 edición.

A Comunidade galega promove esta semana alí o Xacobeo 2021 así como os diferentes recursos turísticos cun espazo propio dentro do expositor de Turespaña, onde se inclúe, ademais, unha zona de traballo para atención de citas e encontros entre turoperadores, axentes de viaxes, empresas de servizos, prescriptores ou blogueiros de viaxes entre outros.

De feito, no espazo galego participa tamén o Clúster Turismo de Galicia a fin de establecer contactos comerciais con operadores e empresas de servizos turísticos británicos e doutros países presentes na feira e potenciar a comercialización dos productos que ofrecen as empresas turísticas galegas.

Durante a súa participación na World Travel Market, Nava Castro reuniuse con representantes turísticos doutras comunidades españolas, que se mantiveron un encontro coa secretaria de Estado para o Turismo en funcións, Isabel Oliver.

Artesanía galegaAdemais, e dentro do plan de Acción da España Verde deste ano, durante a World Travel Market terá tamén presenza a Marca Art, Fashion & Design Green Spain. Como membro da España Verde, a Comunidade galega protagonizará a Festa de España na Embaixada de España en Londres.

Así mesmo durante a feira, dentro do espacio que Galicia e Euskadi teñen no expositor de Turespaña, haberá un punto expositivo de artesanía das catro Comunidades Autónomas que componen a España Verde. Galicia acude con exemplares de zocos da artesá Elena Ferro e dúas cestas de lá de Idoia Cuesta.

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) o mercado británico é un dos principais mercados estranxeiros en Galicia. Consolídase entre os dez países estranxeiros dos que proveñen máis turistas. Os datos do INE revelan que a demanda turística deste mercado está a medrar este ano a un ritmo do 7%, chegando preto de 60.000 viaxeiros que sumaron máis de 111.000 pernoitas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre