Inicio Galicia Galicia promove a súa oferta turística no sudeste asiático na feira ITB...

Galicia promove a súa oferta turística no sudeste asiático na feira ITB que se celebra en Singapur

0

A Consellería de Cultura e Turismo participa ata o venres nesta feira de viaxes e do sector de reunión e congresos que é de carácter exclusivamente profesional


A Comunidade galega participa na Feira ITB Asia que se celebra en Singapur, onde se presenta como destino turístico ante os principais operadores asiáticos.

Trátase da segunda ocasión na que a Xunta participa neste encontro, de carácter internacional e exclusivamente profesional, e considerado como unha das máis importantes citas turísticas en Asia. Celébrase no recinto Marina Bay Sands&Convention Centre de Singapur e a presenza de Galicia inclúese cun módulo dentro do stand de Turespaña.

Segundo os resultados da pasada edición, os visitantes inclínanse experiencias relacionadas coa enogastronomía, compras, arte e cultura. Durante estes días, os representantes da consellería de Cultura e Turismo manterán encontros con operadores turísticos e do sector congresos e viaxes de incentivo.

Galicia achégase un ano máis a un dos mercados emerxentes con máis proxección do ámbito internacional que xunto a Xapón e Corea conforman a zona de demanda máis estratéxica para a Comunidade no continente asiático. Trátase dun mercado estratéxico que dispón de facilidade para viaxar, xa que a diferencia doutros países asiáticos, non necesita visados Schengen para a Unión Europea. Tamén favorece a constante apertura de conexión aérea con Europa.

ITB Asia celébrase anualmente en Singapur e constitúe un dos principais acontecementos da industria das viaxes en Asia Pacífico, como o seu homólogo ITB Berlín en Europa. Organizada por Messe Berlin, ITB Asia constitúe un foro para establecer contactos coas compañías e os intermediarios turísticos para contratar a organización de viaxes. Nesta contorna, os expositores internacionais de todos os sectores dentro da cadea comercializadora poden entrar en contacto coas empresas líderes desta rexión de Asia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre