Inicio Galicia Galicia promociona o seus viños na feira Enomaq de Zaragoza

Galicia promociona o seus viños na feira Enomaq de Zaragoza

0


Os viños galegos estiveron presentes na edición número 22 do Salón Internacional de Maquinaria y Equipos para Bodegas y Embotellado (Enomaq), que se celebra esta semana en Zaragoza, grazas a unha cata organizada pola Consellería do Medio Rural en colaboración coa Asociación Galega de Enólogos (AGE). Nela participaron 60 persoas entre estudantes universitarios e prensa especializada do sector vitivinícola.

Ata a feira desprazouse o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, para presentar o seu departamento neste evento internacional, que reúne a 1.286 marcas expositoras de 31 países. Agacal é o organismo encargado da promoción dos produtos galegos amparados por un selo de calidade, tales como as Denominacións de Orixe, as Indicacións Xeográficas Protexidas ou os produtos ecolóxicos, así como da formación e da investigación no ámbito agroalimentario. O encargado de dirixir a cata foi o presidente de AGE, Luís Buitrón

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre