Inicio Galicia Galicia, presente na Conferencia mundial sobre ciencia de plantas e bioloxía molecular...

Galicia, presente na Conferencia mundial sobre ciencia de plantas e bioloxía molecular de Roma grazas aos seus avances contra o nematodo

0

A investigadora do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, Raquel Díaz, explicou un proxecto sobre a resistencia dos piñeiros a este patóxeno


Galicia estivo presente na segunda Conferencia mundial sobre ciencia de plantas e bioloxía molecular celebrada en Roma grazas a unha investigación levada a cabo polo Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dentro da Consellería do Medio Rural.

Foron os organizadores do evento os que reclamaron a presenza da nosa comunidade grazas a un estudio que desenvolve o CIF ante un tema tan importante como o nematodo (Bursaphelenchus xylophilus), que afecta aos piñeirais nalgunhas zonas de Europa. Así, a investigadora Raquel Díaz foi a responsable de ofrecer a ponencia: “A xenética como ferramenta para controlar a enfermidade do nematodo do piñeiro”.

Durante a súa intervención, Díaz presentou o traballo que se está desenvolvendo en Galicia nos últimos anos baseado na mellora xenética. En concreto, estase buscando material de Pinus pinaster resistente ou tolerante ao nematodo para subministrar aos viveiros. Esta nova liña ten coma obxectivo empregar a mellora xenética como método de control da enfermidade que está a causar graves danos en países como China, Xapón ou Corea. De feito, moitos dos participantes da 2nd Global Conference on Plant Science and Molecular Biology procedían de países asiáticos.

Leer más:  El PSOE utiliza la comisión del Congreso como "cortina de humo" para evitar discutir el caso 'Koldo', según critica Rueda

En estados moi afectados pola enfermidade, como Xapón, levan anos traballando en piñeiros resistentes ou tolerantes das especies que alí habitan (piñeiro negro e vermello xaponés). A día de hoxe xa teñen seleccionados arredor de 200 exemplares de cada especie tolerantes á enfermidade e cos que se estableceron horto-sementeiros. Actualmente, prodúcense anualmente nos viveiros xaponeses entre 400.000 e 700.000 plantas tolerantes de cada unha das especies xaponesas, polo que a mellora xenética é unha das medidas máis importantes levadas a cabo pola administración nipona para o control da enfermidade.

Así, no caso galego, e seguindo o exemplo asiático, comezouse no 2013 a traballar nesta liña e agora no Centro de Investigación Forestal de Lourizán, integrado en Agacal, estanse realizando ensaios de inoculacións con este nematodo co fin de seleccionar pinus pinaster, coñecidos como piñeiros do país, resistentes ou tolerantes a este patóxeno. Todo isto intégrase dentro do programa de mellora xenética que vén desenvolvendo Lourizán dende hai décadas. Ata o de agora estes traballos centrábanse en rectitude e crecemento dos piñeiros e nos últimos anos incorporouse a liña relativa ao nematodo.

Leer más:  Hallan en Cangas (Pontevedra) el cadáver del hombre que cayó al mar tras volcar una planeadora el pasado viernes

ProcesoComo primeiro paso, realizáronse ensaios con distintas especies de piñeiro e comprobouse que as dúas especies máis plantadas en Galicia, pinaster e radiata, eran susceptibles desta enfermidade, con mortalidades de entre o 40% e o 65%. O CIF Lourizán desenvolveu o devandito programa de mellora xenética de piñeiro pinaster galego, no que se seleccionaron árbores polo seu crecemento e rectitude. Froito desta selección existen xa en Galicia unha serie de hortas con sementes de maior calidade cos que se está realizando ensaios de inoculación.

Os resultados mostran que existen árbores con sementes que producen plantas máis resistentes á enfermidade, polo menos ao realizar estes ensaios en plántulas de 2-5 anos de idade en condicións de invernadoiro. De feito, hai exemplares que continúan a día de hoxe asintomáticas tras varias inoculacións. Todo isto indica que é posible realizar unha mellora xenética do piñeiro pinaster contra o nematodo, ao igual que se fixo en Xapón.

Por iso, hai grandes esperanzas de que nun futuro próximo se poidan ter plantas de piñeiros menos susceptibles á enfermidade que ás existentes actualmente. Foron precisamente estes resultados os que se presentaron en Roma pola investigadora Raquel Díaz, coordinadora do grupo de investigación do CIF Lourizán.

Leer más:  Los dos detenidos en Pontevedra en la operación contra 'narcotransportistas' del Estrecho pasan a disposición judicial

- Te recomendamos -