Inicio Galicia Galicia presenta en Madrid as súas fortalezas como destino en alza para...

Galicia presenta en Madrid as súas fortalezas como destino en alza para o turismo de negocios, congresos e eventos

0

A Consellería de Cultura e Turismo na súa Estratexia 2020 aposta por este segmento turístico, por contribuír ao obxectivo de desestacionalización

A Comunidade galega presentou esta tarde en Madrid o seu potencial como destino para turismo de negocios e congresos en Galicia MICE, un acto organizado polos profesionais do sector onde se puxeron en valor os recursos e infraestruturas para acoller este tipo de actividade e que contan co respaldo da Consellería de Cultura e Turismo.

Numerosos profesionais puideron coñecer a oferta neste campo, un segmento estratéxico no modelo turístico galego. Así o manifestou a directora de Turismo, Nava Castro, que participou no acto, onde recordou a importancia do turismo de negocios e de eventos en Galicia pola súa capacidade desestacionalizadora e porque cunha oferta adecuada de aloxamento, restauración e lecer, este tipo de viaxeiros, son susceptibles de practicar o denominado turismo bleisure, termo xurdido de business e leisure en inglés, no que se combinan os negocios co tempo libre.

Tamén se puxo en valor o papel da Comunidade galega como un destino cada vez máis competitivo que se identifica con elevados estándares de calidade, como así amosan, entre outros parámetros, o liderado nas Q de Calidade Turística ou o potencial especialmente dos destinos urbanos para este tipo de turista. O turismo MICE, termo para referirse a turismo de congresos e convencións, é tido moi en conta na Estratexia do turismo de Galicia 2020, o documento elaborado polo Goberno autonómico que foi consensuado co sector e que aposta por un turismo de calidade e sustentable.

Leer más:  Díaz muestra preocupación por el plan de Altri, "complejo" porque "pone en riesgo un desarrollo sostenible"

Importante fóra de tempada altaA Estratexia 2020 conta cunha liña especialmente dedicada a este segmento, o que demostra a importancia que ten para a Consellería de Cultura e Turismo, consciente da capacidade de gasto deste perfil de viaxeiro e a súa influencia fóra de tempada alta. Esta fortaleza está avalada, ademais, pola capacidade hoteleira de Galicia, os seus palacios de congresos e feiras, medios de transporte ou tecido empresarial.

A estes factores únese unha contorna e unha oferta recoñecida pola súa paisaxe, o seu patrimonio ou a enogastronomía, da que se deu mostra no evento celebrado en Madrid, coa participación do chef Iván Domínguez, cociñeiro do Grupo Nove e distinguido cunha das 11 Estrela Michelin coas que conta a Comunidade galega.  


- Te recomendamos -