Inicio Galicia Galicia, pioneira na creación da especialidade de enfermería en saúde mental

Galicia, pioneira na creación da especialidade de enfermería en saúde mental

0

Nas últimas ofertas de emprego público do Sergas, convocáronse 60 prazas para esta especialidade


“Dende o Servizo Galego de Saúde somos pioneiros na creación da especialidade de enfermería en saúde mental, e nas últimas ofertas de emprego público convocamos 60 prazas para esta especialidade”. Así o remarcou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, no acto de inauguración da II Xornada galega de enfermería de saúde mental.

O titular da carteria sanitaria do Executivo galego agradeceu, expresamente, o traballo de todo o persoal de enfermería especialista dedicado a mellorar os coidados das persoas que sufren un transtorno mental, e, particularmente, á Asociación Española de Enfermería pola súa colaboración nos procesos de consulta e formación dos profesionais sanitarios.

Tal e como dixo o conselleiro, “a atención á saúde require de profesionais cada vez máis preparados e altamente cualificados”, capaces de abordar os avances científicos e tecnolóxicos, e desenvolver o seu traballo nun entorno disciplinar, sen esquecerse das súas habilidades relacionais para optimizar a promoción e prestación de coidados.

Segundo Almuiña, “a especificidade na atención aos problemas de saúde mental e a demanda social da súa atención, xustifica a formación de profesionais de enfermería especialistas que favoreza a mellora da calidade dos coidados ofrecidos, nos diferentes niveis de atención”.

O responsable do Sergas destacou, tamén, que o seu departamento “leva anos traballando nos aspectos de sensibilización social e eliminación do estigma asociado a algunhas enfermidades, incrementando a visibilidade das persoas que padecen un trastorno mental”. Así, desenvolvéronse proxectos innovadores como Supera a túa depresión (a través da plataforma tecnolóxica TELEA) e Biblioterapia en saúde mental. Ademais, actualizouse a Guía práctica clínica sobre a depresión maior na infancia e adolescencia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre