Inicio Galicia Galicia pechou o terceiro trimestre cun superávit do 0,54% e volverá cumprir...

Galicia pechou o terceiro trimestre cun superávit do 0,54% e volverá cumprir este ano os seus obxectivos de estabilidade

0

É unha das doce comunidades con superávit orzamentario ao peche de setembro


Galicia pechou o terceiro trimestre do ano cun superávit orzamentario do 0,54% do PIB, tal como vén de avanzar o Ministerio de Facenda, e mantén o seu firme compromiso de cumprir un ano máis os obxectivos de estabilidade orzamentaria fixados no Consello de Política Fiscal e Financeira.

Galicia é unha das doce comunidades autónomas que remataron o terceiro trimestre con superávit nas súas contas. Os datos que vén de publicar a Intervención Xeral do Estado indican que o conxunto das autonomías rexistrou tamén un superávit do 0,17%, e, pola contra, cinco comunidades rexistraron déficit orzamentario.

Neste exercicio 2018, o límite máximo de déficit autorizado polo Consello de Política Fiscal e Financeira para todas as comunidades autónomas é do 0,4%. Galicia segue tendo como obxectivo continuar sendo a comunidade de referencia no cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria, achegando solvencia e estabilidade ao conxunto de España.

Este control das contas públicas que leva realizando Galicia durante toda a década combínase coa axilidade da Administración galega no pagamento das súas facturas. De feito, Galicia é a comunidade autónoma que mellor paga aos seus provedores, cun período medio de pago 24 días inferior á media autonómica, segundo reflicten os últimos datos publicados tamén polo Ministerio de Facenda. Superávit / Déficit – Setembro 2018 (*CCAA réxime foral)

Leer más:  Muere un peregrino en Portomarín (Lugo)

- Te recomendamos -