Inicio Galicia Galicia pechou o primeiro trimestre cun superávit do 0,04% e volverá cumprir...

Galicia pechou o primeiro trimestre cun superávit do 0,04% e volverá cumprir este ano os seus obxectivos de estabilidade

0

É unha das seis comunidades con superávit orzamentario ao peche de marzo


Galicia pechou o primeiro trimestre do ano cun superávit orzamentario do 0,04% do PIB, tal como vén de avanzar o Ministerio de Facenda e Función Pública, e mantén o seu compromiso de cumprir un ano máis os obxectivos de estabilidade orzamentaria fixados no Consello de Política Fiscal e Financeira.

Galicia é unha das seis comunidades autónomas que remataron o primeiro trimestre con superávit nas súas contas. Pola contra, os datos da Intervención Xeral do Estado indican que o conxunto das autonomías rexistrou un déficit do 0,12%, posto que once comunidades tamén rexistraron déficit orzamentario.

Neste exercicio 2018, o límite máximo de déficit autorizado polo Consello de Política Fiscal e Financeiro para todas as comunidades autónomas é do 0,4%. Galicia segue tendo como obxectivo continuar sendo a comunidade de referencia no cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria, achegando solvencia e estabilidade ao conxunto de España.

De feito, o Ministerio de Facenda e Función Pública confirmou o mes pasado que Galicia foi unha das cinco comunidades autónomas que en 2017 conseguiu cumprir os tres obxectivos de estabilidade orzamentaria -límite de déficit público, límite de endebedamento e regra de gasto-, tal como comprometera a Xunta de Galicia.

Leer más:  El Gobierno asegura que el tren de bajo coste de Renfe llegará a Galicia este año

- Te recomendamos -