Inicio Galicia Galicia pechou o primeiro semestre sendo a segunda comunidade autónoma que paga...

Galicia pechou o primeiro semestre sendo a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

0
image_gallery.jpg

O período medio de pago en Galicia foi de 13,2 días, fronte aos 32,8 de media autonómica


Galicia pechou o primeiro semestre do ano sendo a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas cun período medio de pago de 13,2 días, só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais referentes ao mes de xuño publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. Ao peche do semestre, o período medio de pago de Galicia situouse en 13,2 días, case 20 días inferior ao do conxunto das comunidades autónomas que foi de 32,8 días; e por debaixo do límite de 30 días que establece a normativa estatal. En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio de Facenda sitúan tamén a Galicia como a segunda comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse ao peche do primeiro semestre no 0,13%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,36%. A débeda comercial do conxunto de comunidades autónomas era de 4.023,2 millóns de euros, dos que 75,7 millóns –o 1,9%- corresponden a Galicia.

Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia continúa neste 2020 entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

Normal

0

false

false

false

GL

X-NONE

X-NONE

Período Medio de Pago – Xuño 2020 (*CCAA réxime foral)

Murcia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre