Inicio Galicia Galicia participará no desfile terrestre do Día da Festa Nacional con medios...

Galicia participará no desfile terrestre do Día da Festa Nacional con medios e persoal da AXEGA e Protección Civil

0

Desprazarase un vehículo de intervención rápida cunha embarcación e un camión nodriza

Galicia participará este ano no desfile terrestre do Día da Festa Nacional dentro do bloque de Protección Civil/Sasemar. Desde a comunidade autónoma desprazaranse medios do Grupo de Apoio Loxístico e Intervención da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), así como membros de Protección Civil.

En concreto, trasladaranse un vehículo de intervención rápida, cun remolque cunha embarcación tipo zodiac: ambos equipamentos foron cedidos pola Xunta ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Muxía e Abegondo, respectivamente.

En mobilizacións ordinarias, o vehículo está dotado con botiquíns, cascos protectores, extintores, férulas ou desfibriladores semiautomáticos. A embarcación emprégase fundamentalmente para rescates en praia e en colaboración con dispositivos de prevención.

Tamén participará no desfile o camión nodriza da Axega, un referente a nivel nacional polas súas potencialidades. Ten capacidade para 25.000 litros e ten participado en múltiples emerxencias reais dentro e fóra do territorio nacional. Está deseñado para transportar e manter a calidade da auga ante episodios de seca, para subministrar auga a vehículos de intervención en incendios ou para colaborar en limpezas posteriores a inundacións, podendo manter a súa operatividade aínda desconectado da cabeza tractora que o remolca.

No desfile participarán por parte de Galicia un total de 6 persoas, entre os membros da Axega e de Protección Civil.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre