Inicio Galicia Galicia participa no 60% dos proxectos seleccionados no programa transnacional Espazo Atlántico

Galicia participa no 60% dos proxectos seleccionados no programa transnacional Espazo Atlántico

0

Este programa abarca rexións do Reino Unido, Irlanda, Francia, Portugal e España


Un 60 por cento dos proxectos seleccionados no programa transnacional Interreg Espazo Atlántico 2014-2020 contan coa participación dalgunha entidade galega, segundo reflicten os datos achegados nun seminario informativo sobre este programa organizado pola Consellería de Facenda e que se celebrou esta semana en Santiago.

O programa de cooperación territorial abarca 36 rexións do Reino Unido, Irlanda, Francia, España e Portugal. De España forman parte do Espazo Atlántico, ademais da Comunidade Autónoma de Galicia, Asturias, Cantabria, Navarra, País Vasco e as Illas Canarias, así como as provincias andaluzas de Sevilla, Cádiz e Huelva.

No actual período, a Comunidade Autónoma participa en 43 dos 72 proxectos aprobados, dos que 26 se aprobaron na primeira convocatoria e 17 la segunda. Trátase dun programa que se encadra perfectamente dentro dos obxectivos do Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, segundo destacou o pasado martes no acto inaugural deste encontro o director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, David Cabañó.

Un presuposto global de 185 millónsO programa cofinancia proxectos de cooperación nos campos da innovación e competitividade, eficiencia nos recursos, xestión de riscos territoriais, biodiversidade e patrimonio natural e cultural, orientados á diminución do desemprego e ao aumento da produtividade e o benestar dos galegos. Conta cun orzamento total de 185 millóns de euros, que inclúe unha asignación financeira do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) superior aos 140 millóns de euros.

Proxecto europeo CocklesOs integrantes da comitiva que visitou Galicia no marco do comité de seguimento do programa Espazo Atlántico 2014-2020 tamén estiveron o martes nas instalacións do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), dependente da Consellería do Mar, para coñecer o proxecto europeo Cockles, que ten como obxectivo buscar o xeito de mellorar a produción de berberecho nas rexións da área atlántica e que foi elixido como exemplo de proxecto desenvolvido no marco deste programa.

Os participantes no encontro -entre os que se atopaba a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, Susana Rodríguez, e tamén persoal da confraría de pescadores de Cambados, do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) e do CIMA- asistiron tamén á proxección do documental A xoia oculta do Atlántico, producido no marco do proxecto Cockles e no que se resaltan os valores e a transcendencia do berberecho nos ámbitos económico, social, paleoantropolóxico, histórico, literario, artístico e ecolóxico. Posteriormente visitaron unha depuradora de mariscos para coñecer o traballo desenvolvido en Galicia neste eido.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre