Inicio Galicia Galicia oferta o maior número de prazas do seu rexistro histórico para...

Galicia oferta o maior número de prazas do seu rexistro histórico para formación sanitaria especializada

0

Medicina familiar e comunitaria, pediatría ou enfermería familiar e comunitaria rexistran incrementos por riba do incremento global nacional

Galicia realiza este ano a maior oferta do seu rexistro histórico para a formación sanitaria especializada. Na comparativa da nova convocatoria 2019-2020 coa do ano anterior, rexístrase un incremento total do 13,11% xa se prevén ofertar 457 prazas para formación sanitaria especializada, 53 máis que en 2018. Especialidades de atención primaria como médico de familia, pediatría ou enfermería familiar e comunitaria, increméntanse significativamente por riba do incremento global nacional.

Con este incremento de prazas para 2019-2020, financiadas ao 100% polo Sergas, o departamento sanitario galego está a dar cumprimento a un dos compromisos acadados no Plan Galego de Atención Primaria aprobado en maio pasado e que axudará a paliar a escaseza de facultativos nalgunhas especialidades. Deste xeito, a Administración sanitaria da un paso máis na súa aposta pola procura de solucións ante a falta de facultativos.

En concreto, na categoría de enfermería (que engloba as especialidades de enfermería familiar e comunitaria, pediátrica e de Saúde Mental), prevese ofertar 61 prazas, 25 máis que na convocatoria anterior, o que representa un incremento de 69,4%. Por especialidades, enfermería familiar e comunitaria, con 34 prazas (13 máis que en 2018), increméntase nun 61,9%, mentres que na oferta global medra un 35%; enfermería pediátrica, con 15 prazas, ten un incremento do 66,6% (ofértanse 6 prazas máis que o ano anterior); e en enfermería de saúde mental prevese ofertar o dobre de prazas que na convocatoria anterior (12 en total).

A especialidade de medicina familiar e comunitaria tamén sae reforzada, xa que o Sergas prevé ofertar 129 prazas para a formación destes especialistas, 24 prazas máis que en 2018, o que supón un aumento do 22,8%, por riba do 10% do incremento a nivel nacionalAsí mesmo, rexistra un aumento significativo a especialidade de pediatría e as súas áreas específicas, que pasa a sumar 27 prazas en total, o que representa un incremento do 35% con respecto á oferta do ano anterior, é dicir, 7 prazas máis de formación, e co que se triplica o 11% previsto a nivel nacional. As prazas de formación desta especialidade non se incrementaban dende o ano 2013.

Outras das especialidades que rexistran un incremento significativo son as de anestesioloxía e reanimación, na que se solicita a formación de 22 especialistas, isto é un 22,2% con respecto ao ano anterior, cando se ofertaron 18. Na de radiodiagnóstico, onde se prevé formar a 14 especialistas (2 máis que en 2018), e na de uroloxía, onde o incremento previsto é do 60%, é dicir, prevese ofertar 8 prazas (3 máis que na convocatoria do ano anterior).

Nas especialidades de anxioloxía e cirurxía vascular e reumatoloxía, o Sergas plantexa ofertar o dobre de prazas, pasando a formar en ambos os dous casos a 4 profesionais (2 prazas máis que en 2018).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre