Inicio Galicia Galicia mobilizará máis de 5M? para mellorar os parques empresariais de 51...

Galicia mobilizará máis de 5M? para mellorar os parques empresariais de 51 concellos, dos que 32 son emprendedores

0

Esta resolución da Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, corresponde á orde de axudas para impulsar as infraestruturas dos polígonos, cun total de 57 iniciativas programadas para este ano


A Xunta favorecerá a mobilización de 5,34 millóns de euros en proxectos para mellorar os parques empresariais de 51 municipios de Galicia, dos que 32 eran Concellos Emprendedores no momento de realizar a solicitude, o que lles deu prioridade na concesión das axudas. En concreto, a través deste programa, a Consellería de Economía, Emprego e Industria achegará 4,05 millóns de euros para a execución dun total de 57 actuacións que permitirán impulsar as infraestruturas dos polígonos.

Do total de proxectos aprobados, a maioría (38) terá como obxectivo mellorar as infraestruturas viarias dos polígonos, aínda que tamén se desenvolverán iniciativas para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia (6), para plantas de depuración de auga , xestión de residuos e colectores con verquido á depuradora municipal (8) ou instalacións contraincendios e contra roubo de cable (5). Desenvolveranse en 51 concellos galegos -dos que 32 son Concellos Emprendedores, é dicir, aqueles adheridos ao convenio entre Xunta e Fegamp para impulsar a captación de novos investimentos empresariais-.

Entre as iniciativas que se van realizar, destacan a mellora do saneamento do parque empresarial da Gudiña (Ourense); a reparación de viais no polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense); ou a mellora de infraestruturas viarias no polígono Augalevada de Noia (A Coruña). Por provincias, dos 57 proxectos incluídos nesta resolución, 21 pertencen á Coruña (1,52M€ en axudas), 15 a Ourense (1,1M€), 11 a Lugo (máis de 0,8M€) e 10 a Pontevedra (máis de 0,6M€).

A resolución súmase á dos viveiros industriais, que nesta edición concedeu 1,5M€ para sete proxectos de construción, reforma ou equipamento de naves industriais destinadas a viveiros industriais de empresas nos que se investirán un total de 2,36M€ e que poderán albergar a 29 compañías e xerar 40 empregos.

Con estas novas axudas, nas que os Concellos Emprendedores tiveron preferencia, a Xunta segue mantendo o seu compromiso cos gobernos locais e o desenvolvemento das súas infraestruturas, co fortalecemento do tecido empresarial e industrial da Comunidade e co apoio ao emprendemento, liñas que encaixan coas medidas promovidas pola Lei de implantación empresarial para favorecer a captación de novos investimentos para Galicia.

CONCELLOS BENEFICIARIOSA CORUÑA CONCELLO

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre