Inicio Galicia Galicia logrou reducir en 2019 o volume de débeda por primeira vez...

Galicia logrou reducir en 2019 o volume de débeda por primeira vez desde 1988 e baixou a ratio sobre PIB por 3º ano consecutivo

0

Os datos do Banco de España publicados hoxe ratifican que a comunidade galega volveu cumprir un ano máis o seu obxectivo de débeda

Galicia reduciu no ano 2019 a súa ratio de débeda/PIB por terceiro ano consecutivo e incluso logrou baixar o seu volume de débeda por primeira vez en máis de 30 anos, xa que é a primera baixada que se rexistra desde o ano 1988, segundo mostran os datos oficiais publicados hoxe polo Banco de España.

En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia mellorou seis décimas no último ano, ao pasar do 18,1% ao 17,5%, o que supón o nivel de endebedamento máis baixo desde o ano 2013. Ademais, o volume de débeda da Comunidade Autónoma tamén se reduciu no último ano, ao pasar de 11.342 a 11.315 millóns de euros, un 0,24% menos. Galicia conseguiu acadar estas dúas baixadas –na ratio débeda/PIB e no volume de débeda– pese ao impago de máis de 200 millóns de euros do IVE de 2017 non aboado polo Goberno central o pasado ano.

Ademais, o peso da débeda de Galicia no conxunto de España segue baixando. No peche de 2019 o conxunto da débeda autonómica ascendeu a 295.077 millóns de euros, dos cales o 3,83% é a débeda de Galicia, mentres que no peche de 2008 este indicador era do 5,31%. Os datos do Banco de España ratifican tamén que Galicia volveu cumprir un ano máis o obxectivo de débeda, que para 2019 era do 17,9%. En todos estes anos, a Comunidade Autónoma cumpriu sempre o límite de débeda autorizado polo Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), e desde 2016 iniciou unha senda de redución do seu endebedamento que se intensificou o pasado ano.

Coas cifras publicadas hoxe polo Banco de España, Galicia consolídase como a 3ª comunidade autónoma de réxime común con menos débeda de toda España, só superada por Madrid e Canarias, toda vez que País Vasco e Navarra dispoñen de réximes forais.

Ademais, no peche do cuarto trimestre a ratio de débeda/PIB de Galicia é 6,2 puntos inferior á media autonómica, situada no 23,7%. Grazas a este mellor comportamento respecto ao resto das comunidades autónomas, Galicia evitou na última década a emisión de máis de 4.000 millóns de euros de débeda.

Menor aumento de débeda desde 2008Os datos do Banco de España ratifican que Galicia é a comunidade autónoma que menos incrementou o seu volume de débeda nos últimos once anos. Así, o aumento da débeda pública en Galicia desde decembro de 2008 é o menor de toda España, xa que o incremento rexistrado en Galicia representa 110 puntos inferior ao do conxunto de España.

Mellor posición financeira para afrontar o coronavirusA redución do endebedamento nos últimos exercicios fai que Galicia estea nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos do coronavirus. De feito, Galicia xa ten en marcha un plan extraordinario para dotar de liquidez á tesourería da Comunidade Autónoma, o que permitirá dispoñer de ata 1.800 millóns de euros para axilizar pagamentos e afrontar gastos imprevistos.

Normal

0

false

false

false

GL

X-NONE

X-NONE

RATIO DÉBEDA/PIB (%) DAS CC.

AA

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre