Inicio Galicia Galicia impulsa o funcionamento e mellora da competitividade das Confrarías de pescadores...

Galicia impulsa o funcionamento e mellora da competitividade das Confrarías de pescadores de Lugo a través da súa federación

0

A entidade lucense asinou un convenio de colaboración coa Consellería do Mar polo que disporá de 45.000 euros para gastos derivados da súa actividade


A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, asinou esta semana un convenio de colaboración co presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo, Basilio Otero, que ten como obxectivo financiar os gastos correntes que se produzan como consecuencia das actividades que desenvolva a federación ao longo do 2020. O acordo, que se asina cada ano, dá continuidade aos xa firmados nas últimas semanas tanto coas federacións galega, coruñesa e pontevedresa de confrarías de pescadores como coa Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao.

Con esta colaboración a entidade lucense disporá de 45.000 euros para os gastos que se consideran subvencionables a través destes convenios, entre os que se atopan os de contratación de persoal, amortizacións, financiamento de gastos correntes como arrendamentos, reparacións e material de oficina ou indemnizacións por razón de servizo, entre outros.

Para o control deste convenio crearase unha comisión de seguimento composta por dous membros a designar por cada unha das partes asinantes. Por parte da federación serán o presidente e o secretario e os outros dous membros dependerán da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar. A vixencia desta colaboración é ata o 31 de decembro do 2020.

A estes acordos de colaboración para o funcionamento das federacións de confrarías súmanse outros que están en tramitación -materializaranse nos próximos meses- e dos que se benefician tamén as catro organizacións de confrarías para o desenvolvemento de accións que melloren a competitividade da actividade marítimo-pesqueira. Os fondos destinados a esta partida permiten apoiar accións como a implantación de novas tecnoloxías para facilitar a actividade das federacións ou a organización de cursos e xornadas temáticas de interese do sector.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre