Inicio Galicia Galicia fórmase con expertos de toda Europa na coordinación de resposta ante...

Galicia fórmase con expertos de toda Europa na coordinación de resposta ante continxencias como os episodios de contaminación mariña

0

A xefa de Documentación e Apoio Científico do Intecmar asistiu en Albania a un evento de aprendizaxe organizado pola UE para mellorar a preparación dos equipos de resposta a diferentes tipos de continxencias, entre elas as mariñas

A xefa de Documentación e Apoio Científico do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), dependente da Consellería do Mar, asistiu esta semana en Albania xunto con expertos de toda Europa a unha formación sobre a coordinación de resposta ante continxencias como un episodio de contaminación mariña, entre outras.

O obxectivo desta formación, organizada pola Dirección Xeral de Protección Civil Europea e Operacións de Axuda Humanitaria da Unión Europea, que convidou ao Intecmar a participar neste evento, é mellorar a preparación dos equipos de resposta na reacción ante diferentes tipos de continxencias, entre elas as mariñas, para actuar ante elas de xeito rápido e coordinado. No caso de Galicia, a finalidade de estar presente neste exercicio é aplicar o aprendido ao campo do Plan territorial de contaminación mariña accidental de Galicia (Plan Camgal).

Este tipo de exercicios contribúen ademais a mellorar a colaboración entre equipos de diferentes fronteiras na preparación ante episodios destas características e ofrece aos expertos de toda Europa un coñecemento máis profundo dos requisitos das misións europeas de protección civil.

En concreto, neste evento formativo a técnico do Intecmar e demais expertos asistentes recibiron formación sobre aspectos específicos como a capacitación ou as avaliacións de seguridade. Tamén abordaron cuestións relativas aos plans de continxencia e aos procedementos de toma de decisións.

Ao mesmo tempo este tipo de xornadas serven para identificar as necesidades de capacitación adicional do persoal involucrado nas operacións para facer fronte ás continxencias e tamén funcionan como foro para intercambiar experiencias sobre como mellorar a resposta.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre