Inicio Galicia Galicia foi a quinta Comunidade que máis turistas recibiu en xuño grazas...

Galicia foi a quinta Comunidade que máis turistas recibiu en xuño grazas a que o sector resiste mellor que a media española

0

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), supera a Canarias e Baleares, que habitualmente lideran o mercado nestas datas


Galicia foi a quinta Comunidade que máis turistas recibiu en xuño, por riba de destinos como Canarias ou Baleares, grazas a que o sector está a resistir mellor que a media española. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) referidos á ocupación hoteleira.

Segundo o INE, os establecementos hoteleiros galego recibiron un total de 56.875 turistas que fixeron 115.952 pernoitas. A Comunidade sitúase así como a quinta con mellores rexistros, por diante da súa posición habitual. Na comparativa interanual, a demanda en Galicia baixou un 86,7%, oito puntos menos que a media española, que caeu un 95%.

O comportamento dos viaxeiros neste mes amosa, ademais, un aumento do tempo que deciden permanecer en Galicia xa que a estadía media medrou un 7,6%. Ademais, a nivel de mercado, obsérvase un destacado comportamento do turismo de proximidade, xa que o mercado interno absorbe case a metade das noites hoteleiras de xuño, cando o ano pasado representaba só o 22% do total.

Desde o pasado mes de maio, coincidindo co progresivo levantamento das limitacións de mobilidade, a actividade turística en Galicia está a dar os seus primeiros síntomas de reactivación. Ademais das cifras de turistas, tamén o demostra o feito de que cada vez son máis os negocios hoteleiros que abren as súas portas. En maio reanudaron a súa actividade 225 establecementos hoteleiros, fronte aos 630 que o fixeron en xuño. Isto conlevou, un notable crecemento do número de viaxeiros pasando de 5.019 de maio a 56.875 en xuño.

Reactivación do sectorAnte a difícil situación que está a atravesar o sector turístico no actual contexto sanitario, é fundamental a colaboración público-privada. Neste sentido, a Xunta e o sector levan meses traballando en varias liñas simultáneas no marco do Plan de Reactivación do sector turístico que inclúen medidas como o Galicia destino seguro, dotado con 8M€, con accións de formación, axudas para a súa adaptación, un servizo de asesoramento e diferentes colaboracións con asociacións profesionais para impulsar novos produtos adaptados. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre