Inicio Galicia Galicia exhibe 130 títulos na Feira internacional do libro infantil e xuvenil...

Galicia exhibe 130 títulos na Feira internacional do libro infantil e xuvenil de Boloña

0

O expositor contará coa presenza dos ilustradores Bea Lema e Carlos Arrojo


A Xunta de Galicia participa desde hoxe e ata o 4 de abril na Feira internacional do libro infantil e xuvenil de Boloña (Italia) cun stand no que se exhibirán os 130 títulos destinados ao público máis novo e que forman parte do catálogo galego elaborado por Gálix en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo.

O expositor conta con diferentes espazos, un deles dedicado á exposición das publicacións das editoras galegas e outro á difusión das novidades editoriais dos ilustradores no que amosarán o seu traballo máis recente. Ademais conta cunha zona de reunións dotada de mobiliario para que os profesionais do ámbito poidan manter reunións de traballo e actividade comercial.

Este ano estarán presentes no posto de Galicia os ilustradores Bea Lema e Carlos Arrojo, que realizarán sesións conxuntas de debuxo e ilustracións individuais en vivo.

Este é o primeiro dos actos nos que se presenta o catálogo Gálix, a través do que se dan a coñecer todas as publicacións realizadas durante 2018 da literatura infantil e xuvenil de Galicia, e contará coa visita de profesorado e alumnado das Escolas de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense e Pablo Picasso da Coruña.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre