Inicio Galicia Galicia e Tanabe renovan os lazos de unión entre os camiños de...

Galicia e Tanabe renovan os lazos de unión entre os camiños de Santiago e o Kumano Kodo, dúas rutas que invitan a tender pontes e a apostar polo que nos une

0

Salienta que ambas as dúas rutas foron capaces de facer entender os pobos que as acollen, que as fronteiras non deben limitar e que atraer persoas de todas partes do mundo é sempre unha vantaxe e non un problema


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Tanabe, Mitsutoshi Manago, renovaron hoxe os lazos de unión entre os camiños de Santiago e o Kumano Kodo, “dúas rutas que invitan a tender pontes e a apostar polo que nos une”.

Durante o encontro, o titular da Xunta salientou que ambos os dous camiños foron capaces de facer entender os pobos que as acollen, que as fronteiras non deben limitar e que atraer persoas de todas partes do mundo é sempre unha vantaxe e non un problema.“O vindeiro 9 de outubro cumpriranse vinte anos desde que o presidente Manuel Fraga e o gobernador da prefectura de Wakayama, Isamu Nishiguchi, firmaron un acordo para irmandar os dous camiños. Supoño que a todos parecerá que vinte anos non é nada en comparación cos séculos destas rutas, pero o certo é que é un importante fito referendar, unha vez máis, o carácter aberto dos nosos pobos”, abundou.

Leer más:  El BNG urge al Gobierno a garantizar el uso de la lengua gallega en la UNED

Este irmandamento traduciuse nun acicate para as relacións bilaterais entre os dous territorios que se reforzan, ano tras ano, a través de visitas institucionais como a que realizou o príncipe Naruhito en 2013 na que percorreu un tramo do Camiño de Santiago; a viaxe do presidente da Xunta en 2014 ao país nipón; ou a visita á Comunidade do primeiro ministro, Shinzo Abe.

Así mesmo, a irmandade entre Santiago e Tanabe tradúcese en numerosas actividades, entre as que destaca a credencial dual establecida para as persoas que percorren ambas as rutas, contribuíndo así ao fenómeno de internacionalización das peregrinacións. E os programas de intercambio para a xuventude de Galicia e de Wakayama permitirán este ano, no marco do programa Xuventude, que 30 mozos galegos entre 18 e 30 anos vivan unha experiencia enriquecedora para a súa formación.

Feijóo concluíu destacando que cada vez son máis os peregrinos que Galicia recibe desde Xapón: 1.100 no que vai de ano, multiplicándose por tres a porcentaxe en só unha década.“A xaponesa é unha das 25 nacionalidades máis presentes na ruta xacobea das case 170 que recibimos”, dixo, recordando ademais que o número de turistas deste país pasou de 14.000, en 2011, a máis de 23.000 en 2017; e a súa estancia media aumentou un 21,5%. 

Leer más:  Alfonso Rueda, sobre Audasa: "No es lógico ganar tanto y tener esas subidas de peajes tan grandes"

- Te recomendamos -