Inicio Galicia Galicia e País Vasco reuniranse a vindeira semana para compartir experiencias sobre...

Galicia e País Vasco reuniranse a vindeira semana para compartir experiencias sobre a mellora da atención primaria

0

As dúas comunidades están a liderar a adopción de medidas concretas para paliar a falta de especialistas, sobre todo de medicina de familia e pediatría, que afecta a todo o Sistema Nacional de Saúde

Representantes da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e do departamento de Saúde do Goberno do País Vasco reuniránse a vindeira semana para compartir experiencias sobre iniciativas semellantes que ambas comunidades autónomas están a desenvolver en temas de sanidade.

Precisamente Galicia e País Vasco están a liderar a adopción de medidas concretas para implantar ante a falta de especialistas e son as únicas comunidades que regularon novas modalidades de contratos de substitucións cunha duración mínima dun ano. A falta de especialistas afecta sobre todo á atención primaria e ás especialidades de medicina de familia e pediatría, e trátase dun problema que afecta a todas as comunidades autónomas.

Ademais, segundo a orde do día do encontro abordarase o novo modelo de atención primaria, tamén asuntos relacionados con investigación, o plan oncolóxico e a humanización e participación de pacientes no sistema sanitario.

Na xornada, os representantes de Saúde do Goberno vasco tamén participarán nun encontro co Consello Asesor de Pacientes e visitarán a Plataforma Loxística do Sergas.

No encontro tamén participarán entre outros o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, e o Xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, así como os directores xerais de Sanidade e Sergas; e como representantes do departamento de Saúde do Goberno vasco, estarán presentes o viceconselleiro de Salud, Iñaki Berraondo; a viceconselleira de Administración e Financiación Sanitaria, Fátima Ansotegia; e a directora de Planificación, Evaluación e Ordenación Sanitaria, Nekane Murga.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre