Inicio Galicia Galicia e o porto de Vigo mostran a entidades portuarias de todo...

Galicia e o porto de Vigo mostran a entidades portuarias de todo o mundo o seu potencial de crecemento azul e o seu labor a prol dunha pesca sustentable

0
image_gallery.jpg

A Xunta salienta que o porto de Vigo é o primeiro peirao pesqueiro europeo e un dos primeiros en conseguir a categoría de porto verde así como en apostar polo crecemento azul


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe por videoconferencia na inauguración do taller de portos pesqueiros azuis Cara a sustentabilidade, onde salientou a importancia deste evento para mostrar a todo o mundo o potencial de Galicia e do porto de Vigo no crecemento azul así como o gran traballo realizado nos últimos anos no desenvolvemento de boas prácticas, na consecución de portos azuis e na realización dunha pesca sustentable.

A titular de Mar subliñou durante a súa intervención neste evento -promovido pola Organización de Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) e que se celebra de xeito virtual pero con Vigo como sede- que Galicia é o gran porto pesqueiro europeo grazas en boa medida ao labor desenvolvido pola Autoridade Portuaria de Vigo para impulsalo como polo de excelencia internacional da pesca. Neste sentido, incidiu en que, ademais de ser o primeiro porto pesqueiro europeo, o porto de Vigo é un dos primeiros en acadar a categoría greening port -porto verde- e en apostar polo crecemento azul.

A representante do Executivo galego tamén subliñou que a elección por parte da FAO de Vigo como sede deste segundo taller de portos pesqueiros azuis contribúe a engrandecer a reputación de Galicia e a súa potencia no eido industrial pesqueiro ao tempo que permite mostrar o importante labor desenvolvido pola Autoridade Portuaria de Vigo desde 2016 coa posta en marcha do Plan Blue Growth. Neste sentido, incidiu en que o peirao vigués lidera a filosofía da política marítima europea co obxectivo de recoñecer a importancia do mar como motor da economía europea, apoiar o crecemento do emprego e da riqueza vencellada ao mar e contribuír a mellorar as condicións de traballo e de futuro dos profesionais do mar.

Para logralo, o porto de Vigo deseñou un plan de traballo que involucrou a máis de 300 axentes da esfera pública e privada da súa área de influencia coa finalidade de converterse nun porto verde, inclusivo, innovador e conectado, o que fixo del un peirao propicio para a innovación, a atención á comunidade e a sustentabilidade.

Nesta liña, Rosa Quintana salientou que o seguinte paso na estratexia azul debe ser a cooperación interterritorial para poder compartir e intercambiar experiencias co obxectivo de acadar un océano saudable do que poder seguir obtendo recursos para xerar riqueza. Unha estratexia na que, dixo, é clave a rede europea de portos azuis, creada para loitar a prol da conservación do medio ambiente, fomentar os beneficios sociais e garantir o crecemento económico. Unha colaboración, incidiu a titular de Mar, que axudará a fortalecer o desenvolvemento portuario e o sector pesqueiro.

Taller ‘Cara a sustentabilidade’Este segundo taller de portos pesqueiros azuis celébrase entre hoxe e mañá de xeito virtual en Vigo co obxectivo de reforzar o intercambio das mellores prácticas de economía azul nos peiraos pesqueiros, sensibilizar e desenvolver coñecementos sobre as dimensións socioeconómicas e ambientais do impacto dos portos pesqueiros no seu interior así como deseñar os obxectivos e un plan de acción da rede internacional de portos pesqueiros azuis.

No evento participan representantes de máis dun cento de portos pesqueiros de distintos países interesados en implantar un enfoque de economía azul nas súas estratexias internas e un total de 22 institucións internacionais interesadas no desenvolvemento de programas de crecemento azul e da actividade portuaria.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre