Inicio Galicia Galicia e Castela e León reforzan a súa cooperación en materia de...

Galicia e Castela e León reforzan a súa cooperación en materia de produción agropecuaria

0

Os directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta e de Producción Agropecuaria da Junta mantiveron un encontro de traballo para intensificar esta colaboración


Galicia e Castela e León reforzarán a súa colaboración en materia agropecuaria e máis concretamente nos eidos da sanidade vexetal e animal. Así o acordaron hoxe o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta, José Balseiros, e o director general de Producción Agropecuaria da Junta de Castela e León, Agustín Álvarez Nogal, nunha xuntanza de traballo en San Caetano na que tamén participaron técnicos de ambos departamentos.

A intensificación desa cooperación materializarase en ámbitos como a determinación dos custos de produción. Neste sentido, o representante da Xunta lembrou que esta é unha medida na que o Goberno galego xa vén traballando, a través das estratexias de dinamización de sectores coma o lácteo, o vitivinícola ou o cárnico. Engadiu que resulta fundamental para establecer uns prezos xustos para estas producións, que cubran os custos e que contemplen tamén unha marxe de beneficio para os agricultores e gandeiros.

Na reunión tamén se abordaron outros asuntos de interese para ambas comunidades autónomas. Entre eles, intercambiáronse impresións sobre a normativa de venda de proximidade, así como sobre artesanía alimentaria. No terreo específico da sanidade animal e vexetal, tamén se tratou neste encontro a loita contra organismos que afectan os cultivos, como poden ser a couza guatemalteca da pataca, o nematodo do piñeiro ou a rata toupa, entre outros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre