Inicio Galicia Galicia e Andalucía poñen en común as súas experiencias e estratexias e...

Galicia e Andalucía poñen en común as súas experiencias e estratexias e reclaman unha maior implicación do Goberno central nas políticas de retorno

0

Demandan a cooperación da administración central na solución dos problemas que se están a atopar moitos retornados e as súas familias en materia de permisos de residencia e traballo, na homologación dos títulos universitarios ou no acceso á vivenda


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, intercambiou inquedanzas e proxectos en materia de emigración durante un encontro que mantivo hoxe co director xeral de Andaluces no Exterior, Amós García, na sede do departamento autonómico. Neste contexto, os representantes dos dous gobernos autonómicos coincidiron na necesidade de reclamar unha maior implicación ao Goberno central nas políticas de retorno.

Un obxectivo para o que demandaron a cooperación da administración estatal na solución dos diferentes problemas que se están a atopar moitos retornados e as súas familias en materia de permisos de residencia e traballo, na homologación dos títulos universitarios ou no acceso á vivenda. Deste xeito, ambos dirixentes puxeron en valor a importancia de protexer e acoller a todos aqueles retornados que deciden volver as súas comunidades autónomas.

A oportunidade que representan os dous millóns e medio de españois que residen fóra das nosas fronteiras nestes momentos, dos que máis dun millón teñen menos de 45 anos, precisa de políticas orientadas a facilitar o seu regreso.

Así, e como lembrou Miranda, o Goberno galego está a desenvolver a Estratexia Retorna 2020, un documento “transversal” que comprende máis de medio cento de medidas artelladas a través de diferentes áreas: a educación, o acceso ao mercado laboral e ao emprendemento, as oportunidades profesionais, as necesidades básicas para facer fronte aos primeiros gastos derivados da volta, o acceso á vivenda e a recuperación do talento investigador.“A práctica totalidade destas iniciativas son facilmente exportables a outros ámbitos da xeografía española, pero para acadar o maior número de retornados posible é imprescindible a colaboración da Administración estatal”, incidiu Miranda.

Neste sentido, os representantes autonómicos subliñaron a importancia dunha maior implicación do estado en materia de retorno para non limitar os esforzos que están a levar a cabo as comunidades autónomas sobre todo creando un entorno económico estable e con capacidade para xerar emprego. Así, avogaron polo traballo conxunto na solución dos problemas que se están a atopar moitos retornados en materia de permisos de residencia e traballo, na homologación dos títulos universitarios ou no acceso á vivenda.

Ademais, insistiron na necesidade de revisar o sistema de voto no exterior, reiterando a necesidade de eliminar o voto rogado para os electores residentes no estranxeiro nos procesos electorais no Estado español, nos que teñen dereito a participar; e a concesión da nacionalidade española en determinados supostos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre