Inicio Galicia Galicia e a rexión chinesa de Zhejiang reforzan as súas alianzas comerciais...

Galicia e a rexión chinesa de Zhejiang reforzan as súas alianzas comerciais e económicas

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con Dai Weilong, xefe da representación do Departamento Provincial de Comercio de Zhejiang en Europa


Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2018.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro co xefe da representación do Departamento Provincial de Comercio de Zhejiang en Europa, Dai Weilong, que serviu para reforzar a cooperación entre esta rexión chinesa e Galicia.

Con máis de 54 millóns de habitantes, Zheijang é unha provincia situada na costa este de China, ao sur de Shanghai. A súa capital é Hangzhou, que se ten convertido na principal cidade china en atracción de talento e que alberga un terzo das empresas de comercio electrónico de toda China. Nunha das principais cidades da rexión, Ningbo, atópase o segundo maior porto de todo o mundo. Nesta rexión tamén está Yiwu, o maior mercado e centro loxístico do mundo.

No encontro celebrado en Santiago, no que tamén participou un representante da Oficina Comercial de China en España; así como membros da Fundación para o Intercambio entre Yiwu e España, e o xefe da área económica e tecnolóxica da oficina de representación de Hangzhou en Alemaña, acordouse promover un memorando de entendemento para afondar nas relacións entre Zhejiang e Galicia.

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida del buceador que había desaparecido en el Orzán (A Coruña)

Búscase así abrir novas posibilidades para ambas rexións e buscar sinerxías nos ámbitos económico, comercial e de investimento. Nos dous últimos anos son preto de 500 as compañías galegas que veñen exportando a China. En 2017, rexistráronse 141 empresas exportadoras regulares cara a este mercado (exportaron durante catro anos seguidos), un 23% máis ca no ano anterior.


- Te recomendamos -